Saturday 18 de May de 2024

Alternativa dos Veciños propón melloras importantes para Guísamo


Alternativa dos Veciños sacará a Guísamo do abandono manifesto ao que ten sometida a parroquia unha das súas máis “insignes” veciñas.

Alternativa loitará por levar a cabo diversas accións -todas negadas con saña e mesmo desprezo por parte da actual (e pronto ex) alcaldesa- como as seguintes:
1- Posta en marcha do plan “Guísamo ten futuro”, que entre outros aspectos recolle;
o Pedir a Fomento de xeito decidido a construcción dunha nova rotonda á altura do almacén de froita. O cal posibilitaría suprimir a illeta central da estrada e ampliar arcéns de xeito considerable, facilitanto así a existencia de moitas máis prazas de aparcamento.
o Solucionar o grave problema coas augas pluviais e residuais na Brea.
o Humanizar e converter en travesía a N6 ao seu paso polo centro de Guísamo.
o Crear unha parada de taxis asimilable ao resto do mundo civilizado.
o Faremos que Fomento reduza drásticamente os prazos construtivos da rotonda do cruce de Ferrol. Obras actualmente paradas (dende fai case dous meses)

2- Creación dun centro de día para os nosos maiores, na antiga Casa Cortés.
3- Conseguiremos a propiedade do edificio do Pazo de Baldomir para crear nel (xunto coa súa finca) un parque romántico inspirado no Parque Ibarrola de Montrove.
4- Mediante convenio co Arcebispado de Santiago e sen desembolsar unha fortuna, como pretende a alcaldesa, farémonos co uso da antiga reitoral, restaurarémola e converterémola na biblioteca pública “José García Verdía”.